‘O corazón está do teu lado’ campaña nos colexios para educar aos nenos en condutas axeitadas para incrementar a seguridade viaria

Marxes de estradas máis seguras A Xunta tamén está a apostar por actuacións concretas para incrementar a seguridade nas marxes das estradas autonómicas.

A responsable de Infraestruturas destacou que no deseño destas medidas tivéronse en conta as consideracións dos distintos colectivos, en especial, dos motoristas, prevendo así realizar traballos como a execución de cunetas de seguridade; a colocación de barreiras e de sistemas de protección; ou a mellora de bifurcacións ante posibles impactos.

Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 O novo Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, que o Goberno galego aprobou o pasado 4 de febreiro, será a folla de ruta dos próximos catro anos nunha materia estratéxica e prioritaria, a integridade das persoas. O contido deste programa está dispoñible na páxina web da Xunta.

Vázquez explicou que este programa recolle 49 medidas e actuacións para as que os Orzamentos da Xunta deste ano reservaron máis de 60 millóns de euros, estando previsto que entre 2016 e 2020 se destinen máis de 300 millóns de euros para desenvolver estas accións.

A responsable de Infraestruturas salientou que o obxectivo deste novo documento é reducir nun 50% as vítimas mortais nas estradas galegas, con respecto ás rexistradas no ano 2011.

A conselleira explicou que aínda que ningún programa pode substituír á concienciación e á prudencia dos condutores, este plan elaborouse seguindo as directrices do Plan Mundial para o Decenio de Acción para a Seguridade Viaria 2011-2020; froito dun intenso traballo, que foi coordinado pola Axencia Galega de Infraestruturas; e resultado da participación e das achegas de distintas institucións e colectivos.

Na liña de acadar un texto consensuado cos distintos colectivos, no mes de novembro a Xunta presentou un borrador aos distintos axentes sociais: vítimas de accidentes, usuarios das estradas, autoescolas, sector do transporte, ciclistas e motoristas. Tamén foi sometido á Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade de Circulación Viaria, organismo no que están representadas tódalas administracións.

O resultado desta participación e suma de esforzos é o documento presentado hoxe, que a titular de Infraestruturas cualificou como un plan global que inclúe medidas concretas en todos os ámbitos que teñen incidencia na seguridade viaria e que busca coordinar as accións dos distintos axentes que participan, directa ou indirectamente neste ámbito.

image_gallery (2)

También te podría gustar...