Concello de O Barco  

O Concello do Barco publica ás bases reguladoras das axudas ós Clubes Deportivos do Concello. Como xa anticipabamos a semán pasada, o prazo límite para a presentación de solicitudes está por determinar.

O obxecto da presente convocatoria de axudas é regular a concesión de subvencións a clubs e asociacións deportivas que teñan a súa sede no termo municipal do Barco de Valdeorras, estean legalmente constituídos/as e militen nas categorías internacional, nacional, autonómica ou provincial, co fin de fomentar a práctica do deporte e a súa participación nas diversas competicións nas que se atopen inmersos, axudando así a sufragar os custes que lles ocasionaren as mesmas, durante o período comprendido entre o 01 de setembro de 2013 e o 31 de agosto de 2014.

Bases completas na web do concello