Nuevo Imagen de mapa de bits

 

O Concello de Quiroga acaba de editar o folleto de presentación da programación cultural para o vindeiros meses .

As actividades aquí recollidas son as alternativas que o Concello de Quiroga oferta aos veciños e veciñas de Quiroga para o tempo de ocio e lecer froito da coordinación entre os distintos servizos municipais encargados cada un deles dun sector da poboación: muller, xuventude, infancia, terceira idade, etc

Actividades formativas en distintas disciplinas: cursos de informática, curso de tecido tradicional no telar do Museo Etnográfico, clases de música, clases de pintura, obradoiros de pastelería creativa, obradoiro de elaboración de xabóns artesáns, etc.

Actividades deportivas para todas as idades ; un amplo abano de posibilidades para todos os quirogueses entre os meses de febreiro e xuño. Cabe salientar no eido deportivo a Carreira Popular “ Feira do Viño”, o Trail do Boi en colaboración co Albergue Municipal, a participación do Quiroga FC e do FSF Quiroga en distintas competicións ou as Escolas Deportivas Municipais que desenvolven a súa actividade ao longo de toda a semana.

O funcionamento da Ludoteca Infantil os martes e xoves de 16:00 h a 20:00h, a organización de xogos infantis en datas sinaladas, a organización da festa infantil de disfraces,etc.

Os certames de exaltación de produtos da comarca, como poden ser a XXXIII Feira do Viño de Quiroga os días 4 e 5 de abril; a XV Mostra do Aceite que terá lugar o día 16 maio, a IV Edición Concurso de Tapas.

Concursos literatios, exposicións, actividades de animación social, concertos, excursións etc . Todo isto conformará a programación dos meses de febreiro, marzo, abril, maio e xuño da que puntualmente cada departamento dará cumprida información.

A continuación pódese descargar o programa compreto (descarga aquí).