entrudio 2015_001

 

O Concello de A Veiga inicia un proxecto de divulgación das máscaras do Entroido Veigués.

os bois

O Boi é unha das figuras máis representativas do entroido veigués, tamén chamado segundo os pobos : touro ou novelo.
A máscara de Boi debe levar : Grandes cornos de boi ou dunha vaca grande.
Careta de madeira ou cartón.
Unha estructura de madeira en horizontal .
Un capote de pardo ou calqueira texido que tape completamente .
Pantalóns de xerga , tapados da rodilla para baixo con pel de cabra.
Galochos
Chocallos: 4 ou 5 chocallos grandes.
Rabo grande feito dun trapo vello manchado , para lle dar con él a xente
os zamarreiros
Zamarreiros:
Os Zamarreiros , adoitan saír catro ou cinco en cada pobo e levan : Careta con cornos.
Sombreiro.
Chaleco feito de pel de cordeiro en tiras que colgan .
Cinto con chocallas .
Pantalón de xerga ou similar.
Coberteiras de pel de cordeiro.
Galochas.

Leva na mán un pau cunha pel na punta, a modo de látigo, untado con broza co que lle vai dando a xente.

as fareleiras
As fareleiras:
Se bén os fareleiros ían vestidos con roupas vellas ( sombreiro de palla ou pano negro, zamarra vella e botaban farelos ) as mozas de varios pobos de A Veiga vestían a súas mellores galas no Entroido:
Saia de xerga, de cores: roxa ou negra.
Ou rodados: os rodadores éra panos alongados que se enroscaban ó corpo a modo de saia.
Panos de 40: de flores e de cores, roxa, azul , etc.
Sombreiro de palla adornados do seguinte xeito: con flores feitas á ganchillo, de vivas cores e con cintas longas de sedas de colores.
Guantes feitos ás agullas para ocultar ás mans e pasar por descoñecidos.
Careta de cartón.

(Salientar que era a única vez no ano que as mozas e mulleres lles era permitido pintarse e vestir de vivas cores , polo que o disfraz era moi esperado).