SAM_8332  

O edil de Medio Ambiente, Domingo Diéguez, entregou o día 2 de novembro a 13 veciños e veciñas de Trives os composteiros que proporciona a Deputación de Ourense para a elaboración de compostaxe doméstico.

Durante a sesión tivo lugar unha charla coloquio sobre o uso dos composteiros e os materiais que se poden empregar para facer compost natural.

A campaña impulsada pola Deputación e o Concello ten como obxectivo:

  • Capacitar á poboación para fabricar compost a escala doméstica
  • Concienciar á cidadanía sobre a problemática dos residuos
  • Reducir o número de residuos que debe recoller o Concello.

SAM_8331