O Concello da Pobra de Trives vén de editar unhas guías en forma de tríptico para dar a coñecer os lugares máis senlleiros do municipio.

Trives TURISMO - Típtico 15 x 15 (ponte Navea)-1

 

Trátase por unha banda dunha actualización do rueiro acompañado con lendas e explicacións sobre os monumentos e edificacións civís e relixiosas que se atopan no casco da vila e  tamén os que están fóra do perímetro urbano.

Trives TURISMO - Típtico 15 x 15 (ponte Navea)-2

A segunda das guías leva por título “Sendeiros da Pobra de Trives” e recolle os distintos roteiros  formados ao longo do tempo no territorio municipal  e que permiten  explorar a natureza e realizar actividades deportivas. Deste volta proporcionase información detallada sobre a Ruta de Sobrado, a Ruta da Via Nova, a Ruta dos Sequeiros e o Barranco do Navea.