• Comenzará o vindeiro martes e tamén servirá para rexeitar o “abuso da contratación mediante empresas de traballo temporal”
Planta de Autoneum en A Rúa

Planta de Autoneum en A Rúa

 

O sindicato CIG fixo público un comunicado no que da a coñecer que o comité de  empresa de Autoneum Spain, compañía do sector da automoción con sede en A Rúa, vén de anunciar a convocatoria de folga indefinida p 12 de xullo ante a negativa da empresa a equiparar as condicións de traballo que aplica noutras fábricas que ten no Estado español.

Dende a representación dos traballadores/as de Autoneum Spain (antiga Rieter Saifa) explican que decisión de convocar o paro indefinido, que comezará o vindeiro martes día 12, adoptouse tras a negativa da dirección a equiparar as condicións laborais existentes noutras fábricas que empresa posúe en distintas zonas do Estado español.

Ademais, con esta medida o comité -presidido pola CIG– quere denunciar o abuso que se fai das contratacións mediante empresas de traballo temporal (ETT). Neste senso, sinalan que arredor dun 10% do cadro de persoal está contratado por este sistema e critican a existencia de traballadores/as que levan máis de cinco anos con contrato por ETT.

“E todo isto a pesar de que estamos a falar dunha das plantas máis rendíbeis de todas as que este grupo suízo dedicado á fabricación de componentes para o sector da automoción ten no conxunto do Estado español”, rematan.

Vista de la fábrica Autoneum

Vista de la fábrica Autoneum