• O COMPLEXO HOSPITALARIO U. DE OURENSE DEU A BENVIDA AOS ALUMNOS EN PRÁCTICAS DA ESCOLA U. DE ENFERMERÍA DE OURENSE
  • Os futuros graduados realizan prácticas clínicas nos distintos servizos e unidades médicas e cirúrxicas do CHUO ademais de nos Centros de Saúde

chou-3Responsables das Direccións de Procesos de Enfermería, e Docencia e Formación da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, deron onte a benvida aos alumnos dos cursos 2º,3º e 4º da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense que, desde hoxe, comenzarán as súas prácticas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, no marco deste curso académico.

Nas súas verbas de benvida, a responsable da Unidade de Docencia e Formación, Esther Pérez Álvarez, destacou a importancia dos coidados e o relevante papel da enfermería no funcionamento dos hospitais, animando aos alumnos a implicarse e aproveitar ao máximo esta etapa de prácticas.

Os 140 alumnos que onte asistiron ao acto de acollida, rotarán nos vindeiros meses polos distintos servizos e unidades de enfermería, segundo seu programa regrado de prácticas. Os alumnos de 2º, que inician este curso seu primeiro contacto co hospital, rotarán polas unidades de Hospitalización, en concreto nos servizos de Medicina Interna e Cirurxía. Pola súa parte, os alumnos de 3º o farán nos Servizos materno-infantís e de Atención Primaria, mentres que os mais veteráns, os de 4º afrontarán as prácticas nas unidades dos Servizos Especiais: Coidados Intensivos e Reanimación, Quirófanos, Hemodiálise, Hemodinámica, etc.

Xunto aos hospitais e Centros de Saúde do Sergas en Ourense, os futuros graduados en enfermería da Escola U. de Enfermería de Ourense realizan prácticas clínicas tamén noutras áreas e institucións, nos ámbitos socio-sanitario, de saúde laboral, penitenciario e de emerxencias, de cara a diversificar e completar a súa formación práctica.