O Centro Superior de Hostalería de Galicia promociónase en Portugal

  • O Centro Superior de Hostalería de Galicia promociona as titulacións de dirección hoteleira e xestión en cociña en Portugal
  • O departamento de márketing do Centro ofrece nestes días diversas charlas e xornada de traballo nunha ducia de centros en Lisboa, Oporto, Pôvoa de Varzim e Valença do Minho
  • O obxectivo é que o Centro siga a ser unha referencia no país veciño e captar novos alumnos portugueses

images (1)O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) está a promocionar nestes días as súas titulacións de dirección hoteleira e xestión en cociña en Portugal. Así, no día de onte, o departamento de márketing do CSHG ofreceu diversas charlas nas escolas Raínha Leonor, Pedro Nunes e Lumiar da capital lusa, ademais de celebrar unha xornada de traballo con membros do Instituto Cervantes.

O obxectivo do CSHG é iniciar unha colaboración con este e outros centros co fin de animar aos alumnos portugueses do Centro a facer cursos de español para mellorar a súa integración e facilitar a formación durante o primeiro ano.

As xornadas formativas seguirán nestes días en Lisboa, Oporto, Pôvoa de Varzim e Valença do Minho. Hoxe, martes, o departamento de márketing do Centro participará nunha feira na escola Eça de Queirós durante toda a mañá e ofrecerá unha charla a un grupo de 50 alumnos na escola José Gomes Ferreiro. Do mesmo xeito, e xa pola tarde, terá lugar unha charla no Centro Galego de Lisboa para a que están convocados uns 3.000 galegos que viven na capital de Portugal.

Varios integrantes do departamento de márketing do Centro Superior de Hostalería de Galicia visitarán o mércores o colexio A Nosa Senhora do Rosario de Oporto, un dos mellores centros de Portugal de onde proceden varios alumnos e antigos alumnos do Centro, no colexio Internato dos Carvalhos e na Escola de Maia.

Mentres que o xoves, participarán xunto coa USC na feira da escola Eça de Queirós da Pôvoa de Varzim, que durará todo o día. E finalmente, o venres visitarán diversas escolas de Porto para acabar con tres charlas na escola Muralhas do Minho de Valença, de onde proceden alumnos como o actual presidente do Clube de Antigos Alumnos do CSHG, entre outros.

Estas charlas e contactos en Portugal pretenden por un lado, que o Centro siga a ser unha referencia no país veciño e, por outro, captar novos alumnos portugueses para que estuden unhas titulacións de prestixio cunha elevada porcentaxe de inserción laboral.

Autoría: Eduardo Conde

Autoría: Eduardo Conde

También te podría gustar...