O CEIP Curros Enríquez de Celanova incorpórase á Rede de Centros Plurilingües

b7_logoO CEIP Curros Enríquez de Celanova incorpórase á Rede de Centros Plurilingües da Consellería de Cultura e Educación acada os 256 centros educativos autorizados coa incorporación no curso 15/16 dun total de 36 novos colexios.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorporará no curso 2015/2016 un total de 36 novos centros á Rede de Plurilingües, ata sumar un total de 256. Ademais, outros 4 centros que tiñan este modelo educativo (combinando galego, castelán e unha lingua estranxeira, ata chegar cada unha delas a un terzo do horario lectivo) en Primaria pasan a incorporalo á etapa de ESO. Trátase do CPR Plurilingüe Montegrande (Coruña), do CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Ourense), do CPR Plurilingüe Escuelas Nieto (Vigo) e do CPR Plurilingüe Barreiro (Vigo).

A maiores dos catro mencionados, e segundo os datos provisionais de admitidos, dos centros de nova incorporación 17 son da provincia da Coruña, 4 de Lugo, 1 de Ourense e 14 de Pontevedra.

También te podría gustar...