O CDTIC acolle o 4 de marzo unha sesión demostradora sobre as últimas novidades tecnolóxicas para a xestión de bodegas

Copa

Copa de VIno

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 4 de marzo a sesión demostradora “Facilitámosche a xestión da túa bodega” (https://cdtic.xunta.es/bodegas-prom), que se desenvolverá en horario de 16.30 a 19.30 horas.

Na xornada dararanse a coñcecer a coñecer as novidades tecnolóxicas en xestión de bodegas (trazabilidade, EMCS, libros de bodega) así como as innovadoras ferramentas de captación e fidelización de clientes.

Esta sesión demostradora está destinada a bodegas, colleiteiros, envasadores, enólogos e distribuidores e organizada por Prom Sistemas Informáticos, empresa galega centrada na implantación de solucións ERP verticais para sectores diferenciados.

Para participar só é preciso inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.es/). A asistencia é de balde e quedan prazas libres.

Centro Demostrador TIC

O CDTIC, promovido pola Amtega, ten como obxectivo achegarlles a oferta de produtos tecnolóxicos ás empresas doutros sectores produtivos. O Centro constitúe un punto de encontro entre a oferta TIC e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego.

Deste xeito, as empresas TIC poderán desenvolver solucións innovadoras adaptadas ás necesidades de mercado de empresas doutros sectores produtivos, que coñecerán os produtos TIC máis adecuados para optimizar os seus negocios e terán a oportunidade de trasladarlles demandas concretas ás empresas do ámbito tecnolóxico.

O Centro Demostrador TIC de Galicia é froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Red.es, e a súa misión é ofrecer un espazo de encontro entre a oferta e a demanda tecnolóxica.

También te podría gustar...