O CDG, da Consellería de Cultura e Educación, inicia os ensaios da montaxe ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’ baixo a dirección de José Caldas

Foto: Xunta de Galicia

Foto: Xunta de Galicia

A obra de Carlos Casares abrirá a temporada 2014-2015 do Centro Dramático Galego coa súa estrea no Teatro Principal de Ourense o próximo 3 de outubro.

O elenco integrado por Alba Taín, Alberte Cabarcos, Davide González Lorenzo, Ailén Kendelman, Fran Lareu e Laura Villaverde traballará durante un mes no Salón Teatro de Santiago.

O Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou os ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) sobre a obra de Carlos Casares ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, que, baixo a dirección do creador luso-brasileiro José Caldas, culminarán coa estrea desta montaxe como apertura da temporada 2014-2015 da compañía pública o vindeiro 3 de outubro no Teatro Principal de Ourense.

También te podría gustar...