O cambio climático protagonista do pleno xuvenil no Pazo Provincial

  • Pleno xuvenil sobre o cambio climático, no Pazo Provincial
  • Con esta actividade rematan os acto da 3ª Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación, na que participaron máis de 8.000 alumnos de centros educativos de Ourense
Manuel Baltar, cos participantes no pleno xuvenil

Manuel Baltar, cos participantes no pleno xuvenil

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá a 40 alumnos e alumnas do IES Taboada Chivite e do CPR Apostólico Mercedario (A Mercé), ambos de Verín, que celebraron un pleno xuvenil no Pazo Provincial co cambio climático como tema principal e destacando a importancia de preservar os espazos medioambientais da provincia de Ourense.

Con esta actividade rematan os actos da 3ª Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación, na que participaron máis de 8.000 alumnos de 40 centros educativos de Ourense, e que contaron con actividades didácticas, xornada de portas abertas e percorridos guiados polo Pazo Provincial. Nesta edición, a temática da 3ª Semana Escolar centrouse na divulgación da riqueza cultural que a historia deixou na provincia de Ourense.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, afirmou que o obxectivo destas iniciativas é «afondar no coñecemento da nosa provincia dende unha perspectiva didáctica, tendo á transparencia e a divulgación como eixos da forma de entender o goberno da provincia moderna». Baltar agradeceu aos visitantes, aos centros educativos e ao profesorado «a súa implicación nesta aventura cultural para seguir impulsando o coñecemento da provincia na escola».

 

También te podría gustar...