2011-11-28_IMG_2011-11-28_20-02-11_112O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou hoxe, entre as 09:00 e as 12: 00 horas, un total de 43 incidencias relacionadas co fenómeno adverso laranxa costeiro e amarelo por vento e choiva que afecta á Comunidade.
O maior número de incidencias estiveron relacionadas coa caída de árbores e pólas nas estradas, anegamentos de rúas, estradas, vivendas e garaxes e algunha por bolsas de auga, fochancas e incidencias de prevención de risco.
Por provincias, na Coruña se rexistraron 23 intervencións, 13 en Pontevedra, 5 en Lugo e 2 na provincia de Ourense. O CAE 112 Galicia non rexistrou incidencias de consideración no período de tempo anteriormente establecido.