O Alcalde de Trives recibe o xefe militar da Operación Centinela

O alcalde de Trives, Francisco José Fernández Blanco, recibiu este mércores na Casa do Concello ao xeneral xefe da Brilat, xeneral de brigada, Luis Cebrián Carbonell, na súa calidade de xefe da unidade militar desprazada ao oriente ourensán no marco da operación Centinela contra os lumes.

Trives, alcalde y xefe militar

 

O rexedor e o xeneral departiron no despacho da alcaldía por espazo de tres cuartos de hora sobre o desenvolvemento da operación e o sobre o traballo dos militares concentrados na Proba de Trives.

Tanto o alcalde, como o xeneral da Brilat, alabaron a colaboración institucional entre o Concello e as Forzas Armadas e o rexedor aproveitou para felicitar ao militares polo traballo e exemplaridade da tropa.

También te podría gustar...