Novo equipo de excarceración para salvamento e rescate en Folgoso do Caurel

  • A Xunta fai entrega dun novo equipo de excarceración para salvamento e rescate ao concello lucense de Folgoso do Courel 
  • O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, entregou o novo material, que está valorado en preto de 41.000 euros e destinado ao GES
  • Destacou o esforzo do Goberno galego por dotar aos profesionais das emerxencias cos mellores medios e conseguir que traballen nas mellores condicións
  • O director aproveitou a súa visita á provincia de Lugo para coñecer as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil

image_gallery (1)O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, entregou hoxe un novo equipo de excarceración para salvamento e rescate ao Concello de Folgoso de Courel. O equipo, valorado en preto de 41.000 euros, recibiuno a alcaldesa, Lola Castro Uchoa, e está destinado ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal.

Luis Menor destacou que este novo equipamento é unha mostra máis do compromiso do Goberno galego coas emerxencias e con todo o persoal que traballa na neste servizo na nosa comunidade. De feito, o concello de Folgoso do Courel tamén recibiu durante o ano pasado uin todo terreo pick up e un esparexedor de sal.

O director asegurou por todos os seus esforzos para que os profesionais das emerxencias conten cos mellores medios e traballen nas mellores condicións, xa que “máis preparados e equipados poderán ofrecer unha mellor resposta ante calquera incidente”.

De feito, nos últimos anos redobrouse o investimento en medios materiais para facer fronte ás emerxencias e, por exemplo, as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil galegas veñen de recibir nos últimos meses una achega extraordinaria de máis de 5 millóns de euros en material.

O equipo de excarceración que se entregou esta mañá en Folgoso do Courel está composto por unha cizalla, un separador, un set de proteccións brandas, seis baterías eléctricas, un xogo de puntais de estabilización, un protector de airbag e un un xogo de bloques e cuñas

Voluntarios de Protección Civil
Luis Menor aproveitou a súa visita para coñecer as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, onde valorou os resultados da campaña de revitalización destas agrupacións que iniciou a Xunta a finais do ano pasado.
Os obxectivos principais desta iniciativa eran pór en valor o labor altruísta e solidario de todo o persoal voluntario de protección civil en Galicia, ademais de potenciar este voluntariado en aqueles concellos que actualmente non teñen agrupación e estarían interesados en formala.
En total, 15 concellos da provincia de Lugo mostraron o seu interese en participar nesta campaña na que destaca, por exemplo, o caso de Riotorto, que creou a súa AVPC con 23 voluntarios. Ademais, os concellos de Portomarín, Guntín, Paradela e O Páramo están en conversas para mancomunar os seus servizos de protección civil.
Por último, cómpre destacar que a Xunta fixo no anterior ano un esforzo importante creando unhas liñas de subvencións “en especie” para equipar aos concellos con AVPC con vehículos pick up, furgóns, remolques de emerxencia ou embarcacións, entre outros materiais de emerxencias. Neste reparto Folgoso o Courel e Quiroga recibiron un vehículo pick up e un esparexador de sal, cada un; mentres que Ribas de Sil recibiu un remolque de emerxencia e un esparexador de sal.

También te podría gustar...