Novo camión grúa para mellorar os servizos ós monfortinos

  • O Concello de Monforte o adquirirá 
  • O Alcalde, José Tomé Roca, anunciou onte a apertura do proceso de licitación para a compra deste novo vehículo, polo que as empresas interesadas en presentar ofertas terán de prazo dende hoxe 18 de marzo ata o xoves 1 de abril
  • O importe máximo de licitación é de 30.000 euros e o prazo de entrega será de 30 días a contar dende a data de formalización do contrato.
  • Trátase dun camión con plataforma elevadora de persoal destinado a efectuar os traballos en altura relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior (reposición de lámpadas, equipos auxiliares, farois, etc) de forma segura e en condicións ergonómicas

 

Licitación

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, comunicou a apertura onte do proceso de licitación para a adquisición dun novo camión grúa destinado a facilitar os traballos en altura das brigadas municipais de servizos, relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior.

O prezo de licitación para a compra deste novo vehículo municipal de servizos estableceuse en 30.000 euros e o prazo para a presentación de ofertas de licitación por procedemento aberto abriuse onte, polo que as empresas interesadas en presentar ofertas terán de prazo dende hoxe 18 de marzo ata o xoves 1 de abril. A mesa de contratación está previsto que se celebre  mércores 7 de abril ás 10:30 horas. O prazo de entrega será de 30 días a contar dende a data de formalización do contrato.

“Con este novo vehículo”, destacou o Alcalde,

facilitaremos ó noso persoal de servizos a realización dos traballos en altura relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior, como pode ser a reposición de lámpadas, de equipos auxiliares, farois, etc. E o vehículo estará equipado cos elementos necesarios para que se poidan desenvolver ditos traballos de forma segura e en condicións ergonómicas axeitadas.

 

Especificacións técnicas mínimas do vehículo con plataforma elevadora móbil de  persoal

O vehículo con plataforma elevadora móbil para persoas será do grupo B, do tipo 3. Estará homologado e será apto para ser conducido por persoas con carné do tipo B, disporá de declaración CE de conformidade (tanto o vehículo, a plataforma elevadora de persoas como o conxunto camión-plataforma elevadora de persoas) e ademais satisfará as condicións de seguridade en relación ao RD 1644/2008 polo que se establecen as normas de comercialización e posta en servizo das máquinas., ao RD 1215/1997 polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo e ás Notas Técnicas de Prevención 1039 e 1040 editadas polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), debéndose aportar cantos documentos sexan necesarios para comprobar o cumprimento desta normativa.

O Conxunto, vehículo-PEMP, disporá da máxima maniobrabilidade e fiabilidade posible, cun reducido consumo de combustible e mínimas emisión. Deberá tratarse, tanto o vehículo como a plataforma, de modelos que se encontren actualmente no mercado e que a súa comercialización estea prevista polo menos durante 24 meses desde a presentación da oferta.

Características técnicas do camión

Tratarase dun chasis-cabina de 3 prazas (incluído condutor), de MMA ata 3500 kg e acabado en color branco, rotulado conforme defina o Concello de Monforte.

O seus requisitos técnicos mínimos serán:

  • Chasis ríxido
  • Motor diésel de aproximadamente 120 CV de potencia
  • Caixa de cambios manual
  • Aire acondicionado
  • Elevalunas eléctrico
  • Freos de disco dianteiros e traseiros
  • KILOMETRAXE MÁXIMA: 115.000
 Características técnicas da plataforma elevadora de persoas

Os requisitos técnicos mínimos serán:

  • Altura máxima de traballo 2 operarios ( m) 15
  • Capacidade Cesta : 2 operarios
  • Xiro de cesta: 50º
  • Mandos de accionamento: duplicados

Extras do conxunto

  • Contador de horas de funcionamento.
  • Toma de corrente na cesta
  • Armario lateral para material e ferramentas.
  • Caixa de ferramentas para axustar na cesta.
  • Porta escaleiras
  • Calzos para as rodas.
  • Luces de sinalización rotativas
  • Sinal sonora marcha atrás
  • Rotulación segundo indicación do Concello de Monforte

Criterios de adxudicación

  • Valoración económica: 90 puntos
  • Prazo de entrega: 5 puntos
  • Prazo de garantía: 5 puntos