Nova edición do programa ‘Xuntos polo Nadal’

  • A Xunta de Galicia prepara unha nova edición do programa ‘Xuntos polo Nadal’, dirixido ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas
  • A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade oferta un total de 240 prazas para persoas de máis de 60 anos que se atopen soas. Estas prazas distribúense do seguinte xeito: 120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as solicitudes procedentes das provincias de A Coruña e Ourense; e outras tantas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán, para os solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra
  • O programa levarase a cabo entre o 23 de decembro de 2016 e o 2 de xaneiro de 2017; e o prazo de presentación de solicitudes será ata o vindeiro día 23 de novembro incluído

 

Residencia-1-300x194A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, organiza un ano máis o programa ‘Xuntos polo Nadal’ que oferta 240 prazas -120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias da Coruña e Ourense; e outras 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as solicitudes procedentes das provincias de Lugo e Pontevedra-. Esta iniciativa está dirixida a aquelas persoas maiores de 60 anos que se atopen soas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias, e que queiran pasar o Nadal en compañía.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 23 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar dependentes da Consellería de Política Social. As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes) asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50 euros.

O programa ‘Xuntos polo Nadal’, que comeza o 23 de decembro e remata o 2 de xaneiro, incluirá aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, o desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo ata as residencias de tempo libre, así como a viaxe de volta. Ao abeiro do programa realizaranse numerosas actividades de animación sociocultural durante os 11 días nos que transcorra a devandita iniciativa.

También te podría gustar...