Nova cita co teatro afeccionado na Casa da Cultura de Monforte

  • Con “Hotel Desencanto” da compañía Hipócrita Teatro
  • O Concello de Monforte acolle a estrea da obras do Ciclo “Táboas cheas de emoción” de teatro afeccionado, que organiza en colaboración coa da Deputación de Lugo-Vicepresidencia. Así, este sábado 19 de decembro a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acollerá a representación desta obra a partir das 20.00 h
  • A entrada é gratuíta e o aforo máximo será de entre 40 e 50 persoas, dependendo si veñen convivintes, segundo a normativa vixente para este tipo de espazos e actividades. A entrada do público á Casa da Cultura terá lugar media hora antes do inicio da obra (19:30 h)
  • Todos os asistentes deberán seguir as indicacións do protocolo específico de seguridade e hixiene ante o Covid-19 co que conta o Concello para as representacións teatrais na Casa da Cultura

 

O Concello de Monforte acolle a estrea da segunda das dúas obras do Programa de Teatro Afeccionado-Ciclo Táboas cheas de emoción, que organiza en colaboración coa Deputación de Lugo- Vicepresidencia.

Así, hoxe sábado 19 de decembro o salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acolle a representación da obra, dirixida a público adulto, “Hotel Desencanto” da compañía Hipócrita Teatro, a partir das 20.00 horas.

A entrada é gratuíta e o aforo máximo será de entre 40 e 50 persoas, dependendo si veñen convivintes, segundo a normativa vixente para este tipo de espazos e actividades. A entrada do público ó salón da Casa da Cultura terá lugar media hora antes do inicio da obra (19:30 h).

Sinopse

O Hotel desencanto non é o mellor lugar para vivir situacións idílicas. Sen embargo, os seus hóspedes semellan ignoralo. Todos, ou case todos, chegan ó hotel co ánimo de gozar dunha estancia agradable. Lograrano?

 

Protocolo ante o Covid-19

Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de outubro a decembro do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante o Covid-19:

  • A capacidade do local dependerá da situación sanitaria no momento de cada actuación: nestes momentos o aforo máximo será de entre 40 e 50 persoas.
  • A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
  • A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
  • Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
  • Gardarase a distancia social de seguridade.
  • Non se tomará asento ata que o acomodador lle indique o seu sitio.