• O ‘FalaRedes’ ten hoxe domingo día 3 de abril unha parada no concello de Castro Caldelas

1193bf1cd3eede8def4cc568762b104c

 

Neste caso coa actividade ‘Xente miúda, moita fartura’, recentemente estreada. Será ás 17:00 horas no incomparable marco do Salón Nobre do Castelo. Alí estarán Pablo Díaz e a súa banda, integrada polos coñecidos músicos Carmen Rey (piano e voz) e Tito Calviño (guitarra acústica).

O espectáculo está recomendado para nenas e nenos de ata cinco anos. A banda fará un repaso polas pezas que Pablo Díaz asina no disco ‘Xente miúda, moita fartura’, un traballo cheo de ritmo que contribúe á promoción do uso da nosa lingua na familia e á súa transmisión interxeracional.

Coma sempre no ‘FalaRedes’, a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade.