• Concerto de flok o sábado 8 de outubro na Cervecería Ruxe-Ruxe de Quiroga
  • Concerto do cuarteto Eikasia Folk ás 24:00 horas con entrada de balde

 

eikasia-bn

 

O cuarteto de música tradicional galega con mestura de ritmos e melodías de Europa do Este o sábado no Ruxe-Ruxe.

Os seus compoñentes son grandes músicos cunha traxectoria máis que contrastada.

eikasia_ruxe

 

Eikasia Folk está formada por:

  • Xela Conde: Multiinstrumentista, mestra da E-trad de Vigo, fundadora e membro de Ávalon. Tamén forma parte de SonDeSeu, OFiadeiro, Eikasia.
  • Samuel Soto: Bouzoukista en Ardentía, Coanhadeira, SonDeSeu e Eikasia. Mestre de canto popular, corda pulsada e percusións. O membro quirogués do grupo.
  • Pepe Casal: Frautista con ampla traxectoria musical tendo tocado moito no extranxeiro, nos anos 80 en Lorien. Membro do grupo Armeguín, Ártabra, Xerfa, Xaiva e Eikasia.
  • José Goruchapa: Licenciado en música é profesor titular no conservatorio de Cangas na especialidade de Cello. Membro de innumerables proxectos musicais e profesor nos Galicia Fiddle, colaboracións en Asia, Alemaña, Portugal, etc. Cellista en Eikasia.