No pleno ordinario do vindeiro lúns en A Pobra de Trives proporase a adhesión ao convenio impulsado pola Deputación Provincial para conseguir unha asistencia técnica para a explotación de estacións de tratamento de auga potable

concello_trives_150_90O alcalde da Pobra de Trives, Francisco José Fernández, convocou para o vindeiro luns 26 de xaneiro un pleno ordinario a celebrar ás 09:30 horas no salón de sesións da Casa do Concello.

O alcalde trasladará á corporación a proposta de adhesión ao convenio impulsado pola Deputación Provincial para conseguir unha asistencia técnica para a explotación de estacións de tratamento de auga potable durante o ano 2015 e seguintes.

Tamén se debatirá o regulamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives. Finalmente o alcalde presentará unha proposta de resolución dirixida á Consellería de Sanidade sobre a libre elección de área sanitaria para os veciños.

Ao remate da sesión ordinaria celebrarase un pleno extraordinario convocado polos grupos popular e socialista.

También te podría gustar...