Nava Castro destaca que Termagal potenciará a atracción e a fidelización dos usuarios nos balnearios de Galicia

image_gallery (2)

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou o venres a mañá na inauguración da presentación do proxecto Termagal que tivo lugar no Balneario de Lugo e contou tamén coa participación do presidente da Asociación Galega da Propiedade Balnearia, Antonio Garaloces, do decano da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Gestal e a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Lugo, Patricia Daporta.

O proxecto, que conta coa colaboración de Turismo de Galicia, constitúe unha ferramenta de xestión médica e documentación que permitirá a estandarización dos procesos de asistencia médica nos balnearios de Galicia.

Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia na presentación, este software permitirá a homoxeneización da recollida de historias clínicas de pacientes e, polo tanto, facilitará a súa xestión.

Neste senso, Nava Castro afirmou que “con Termagal a proposta de servizos de saúde revalorizarase grazas a monitorización dos casos atendidos e dos resultados obtidos”.

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que trátase dun gran avance que potenciará a atracción e a fidelización dos usuarios nos balnearios de Galicia. “Termagal supón un empuxe fundamental para continuar consolidando Galicia como destino termal de referencia”, resaltou Nava Castro.

Gran potencialidade
Por outra parte, a directora de Turismo de Galicia destacou na súa intervención que cada vez son máis as parellas e familias que acoden aos balnearios buscando a prevención e o tratamento de doenzas crónicas.

Segundo explicou Nava Castro, os balnearios galegos posúen sete das oito clases de augas mineromedicinais que existen no mundo e que se empregan para tratar múltiples enfermidades. Neste senso a responsable de Turismo da Xunta afirmou que a nosa Comunidade conta cunha gran potencialidade no turismo de saúde e benestar.

 

También te podría gustar...