Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou onte tarde o Foro ‘Manzaneda: un motor para Ourense, unha oportunidade para Galicia’ celebrado no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

A xornada, que serviu para analizar o presente e futuro da Estación de Montaña, contou coa participación do exdirector da estación de esquí Baqueira Beret, o director comercial da estación de esquí Baqueira Beret, o director da estación de esquí Alto Campoo, o xefe de Produto TechnoAlpin e o director xeral de Oca Nova Manzaneda. O foro foi clausurado polo presidente da Deputación provincial, Manuel Baltar.

Durante a súa intervención a directora de Turismo de Galicia destacou que o deporte asociado ao turismo enriquece a experiencia dos que nos visitan e axuda a coñecer de preto algunhas das paisaxes máis espectaculares do destino. Neste senso, sinalou que a práctica do esquí, o senderismo ou bicicleta de montaña, a escalada, ou outras moitas das actividades que pódense practicar na Estación de Manzaneda, incentivan o contacto coa natureza, primeira motivación pola que os turistas e viaxeiros elixen Galicia como destino. “O feito de contar na nosa comunidade cunha estación de montaña enriquece a oferta turística de Galicia e consolida o noso destino como un modelo sostible”, afirmou Nava Castro.

A responsable de Turismo da Xunta asegurou que a Estación de Manzaneda constitúe un recurso con enorme potencialidade que está contribuíndo a afianzar el posicionamento de Galicia como destino turístico diferencial e impulsando a desestacionalización da demanda xa que segundo explicou “non está reservada exclusivamente á época de neve, senón que actúa como polo de atracción turística e elemento dinamizador da zona durante todo o ano”.

Nava Castro destacou as cifras de visitantes acadadas pola Estación de Montaña que neste inverno recibiu a máis de 100.000 visitantes. Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia sinalou que para esta campaña de primavera-verán a estación conta xa con reservas de máis de 70 centros educativos de toda Galicia, o que tradúcese en máis de 6.000 pernoctacións de escolares entre os meses de abril e xuño. “Unhas cifras que sen dubida móstrannos a gran capacidade de atracción deste recurso que atesoura Ourense”, resaltou Nava Castro.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta destacou que Manzaneda está contribuíndo na consolidación da nosa comunidade como un destino ambiental, social e economicamente sostible e constitúe un gran motor de emprego para Trives xa que a estación posúe a plantilla máis numerosa deste municipio.

Con todo, Nava Castro afirmou que a Estación de Montaña de Manzaneda é unha prioridade para Turismo de Galicia. “Apostamos por este recurso xa que creemos en su gran potencialidade e por iso traballamos a prol da súa potenciación y promoción”.