Cantos de Taverna

Temos xa as actuacións dos participantes dos actos de Música e Cantos de Taberna que vanse a celebrar este vindeiro venres pola tarde-nite no Entroido de Verán 2014 de Pobra de Trives, e que seguro que fan a ledicia dos asistentes.

Dende as 20:00h, e polos bares do pobo, poderemos atopar ós seguintes grupos: @s Valientes de Trives, AcordeSóns, Rondalla ‘Esmorga’, San Nordés e La Sinfónica de Trives.

Nesta rua de Música e Cantos de Taberna, van a colaborar A Cantina do Castro, o Bodegón, o Boliche, o Cafeto, O Casanova, Monolo’s , O Pilón, Quintela, San Martín, Sky, Tioral e Vía Nova.

Festa organizada por A.C.A. Caniceira.