Monforte acende o Nadal

  • O Alcalde acende o alumeado de Nadal de Monforte, que conta con 900.000 luces Led e un investimento de 52.000€
  • Ás 18:30 horas, José Tomé Roca, acompañado por varios Concelleiros e Concelleiras do Equipo de Goberno, acendeu oficialmente a iluminación navideña monfortina, na rúa do Cardenal, diante dun gran cono de 17 metros de altura e 6 de diámetro que simboliza unha árbore de Nadal e coa que “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”
  • Durante o acendido das luces, tivo tamén lugar a actuación, de forma voluntaria e desinteresada, do grupo monfortino de bakucada Baturruka, que se desprazou dende a árbore da rúa do Cardenal ata a praza de España, onde está situado o paquete regalo
  • Unha das principais novidades é a iluminación da Torre da Homenaxe, na que a través de proxectores exteriores, levaremos a cabo 4 proxeccións distintas, unha en cada cara da Torre
  • O Equipo de Goberno investiu no alumeado de Nadal deste ano 52.000€, sendo a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, un 4% máis
  • O Alcalde resalta que “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Para elo, superamos as 900.000 luces Led neste Nadal, e incrementamos o número de arcos colocados, que serán 27 arcos máis que en 2021, pasando de 232 a 259”
  • Ademais das 64 rúas iluminadas con arcos, das cales 4 son novas rúas, tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte
  • O alumeado funcionará ata o domingo 8 de xaneiro de 2023, , permanecendo en servizo 38 días. Para contribuír co aforro enerxético, reducirase o horario de encendido: se no ano 2021 era de 18:30 a 3 da madrugada, este ano 2022, será de 18:30 a 1 da madrugada
  • “O noso desexo dende o Concello”, subliñou José Tomé, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para dinamizar o Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que disfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería”

 

Na tarde de hoxe, ás 18:30 horas, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acendeu oficialmente a iluminación de Nadal 2022, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o  Concelleiro de Servizos, José Luís Losada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira  de Consumo, Regina López, o concelleiro de de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé.

O acendido oficial tivo lugar na rúa do Cardenal, diante dun novidoso cono de 17 m. de alto e 6 m. de diámetro a modo de árbore de Nadal co que, en verbas do Alcalde “queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”. Durante o acendido das luces, tivo tamén lugar a actuación, de forma voluntaria e desinteresada, do grupo monfortino de bakucada Baturruka, que se desprazou dende a árbore da rúa do Cardenal ata a praza de España, onde está situado o paquete regalo.

O Equipo de Goberno investiu no alumeado de Nadal deste ano 52.000€, sendo a maior inversión en alumeado de Nadal na historia de Monforte, un 4% máis que en 2022, que foi de 50.000€.

O Alcalde resalta que “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Para elo, superamos as 900.000 luces Led neste Nadal, e incrementamos o número de arcos colocados, que serán 27 arcos máis que en 2021, pasando de 232 a 259”.

Ademais das 64 rúas iluminadas con arcos, das cales 4 son novas rúas (Blanco Amor, Praza do Conde, rúa do Conde á altura do edificio Espinosa e San Lázaro. Tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte.

O alumeado funcionará ata o domingo 8 de xaneiro de 2023, permanecendo en servizo 38 días. Para contribuír co aforro enerxético, reducirase o horario de encendido: se no ano 2021 era de 18:30 a 3 da madrugada, este ano 2022, será de 18:30 a 1 da madrugada.

“O noso desexo dende o Concello”, subliñou José Tomé, “é que este amplo dispositivo de Nadal, sirva para dinamizar o Nadal en Monforte e animar ós monfortinos e ás persoas que nos visitan, a que saían á rúa, que disfruten da cidade e que se animen a mercar no noso comercio e a consumir na nosa hostalería”.

Principais novidades

Unha das principais novidades é a iluminación da Torre da Homenaxe, na que a través de proxectores exteriores, levaranse a cabo 4 proxeccións distintas, unha en cada cara da Torre. Esta proxección novidosa funcionará no mesmo horario en que dure o encendido das luces navideñas.

Tamén se extende a iluminación a 4 novas rúas, sendo un total de 64 rúas, un 6% máis que en 2021, as que conten con arcos. En concreto, as novas rúas con iluminación son a rúa Blanco Amor (2 arcos), Praza do Conde (1), rúa do Conde á altura do edificio Espinosa (1) e San Lázaro (3).

Hai un novo cono central na rúa do Cardenal, a modo de árbore de Nadal, de 17 metros de alto por 6 metros de diámetro, e na Praza de España hai un Paquete regalo. En ambos casos, contan con paso interior “para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”. 

Máis de 900.000 luces LED

Este ano 2022, o Concello alcanza as 900.000 de luces LED para a iluminación de Nadal. O cableado necesario para a instalación do alumeado de Nadal foi de 12.000 metros de cable trenzado. Distribuíndo as luces por cada elemento luminoso, segundo os datos facilitados pola empresa que instalou as luces, son os seguintes:

  • Os 259 arcos terían 850.000 luces LED.
  • A árbore de Nadal do Cardenal, 20.000 luces LED.
  • O Paquete da praza de España, 10.000 luces LED.
  • O cedro xunto os Escolapios, 4.500 luces LED.
  • E nas árbores das prazas, 1.800 luces LED.

A suma total ascende a 886.300 luces LED. Sen se suman as luces das proxeccións da Torre da Homenaxe, as dos arcos de saúdos de Bo Nadal que hai ás entradas da cidade, e as da Casa Consistorial, supéranse as 900.000 luces LED.

Iisto supón que proporcionalmente Monforte supera a Vigo en número de luces por habitante: Vigo ten uns 300.000 habitantes e instalou 11 millóns de luces, polo que tocan a 37 luces LED por habitante; Monforte ten arredor 18.500 habitantes, polo que tocamos a 48 luces LED por monfortino”.

 A maior inversión en alumeado de Nadal da historia de Monforte

“Dende o Concello investimos 2.000 euros máis no alumeado de Nadal con respecto ó ano 2021, alcanzando os 52.000€, un 4% máis, a maior inversión en alumeado de Nadal da historia do Concello de Monforte” salientou o Alcalde.

“Eu como Alcalde e o meu Equipo de Goberno, estamos impulsando o alumeado de Nadal, e asumindo o seu coste e instalación, tal e como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno municipal en 2015, para axudar ó comercio e á hostalería, que son pilares básicos da nosa economía.”

Deste xeito, increméntase o número de arcos colocados, que serán 27 arcos máis que en 2021, pasando de 232 a 259 en 2022, un 11% máis.

Os arcos de Nadal son de luz LED, de baixo consumo e maior visibilidade, dando resposta a un alumeado máis intenso que coas luces convencionais.

Ademais das 64 rúas iluminadas con arcos, tamén están adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte.

Tamén foi adornado coa Estrela de Nadal o cedro que se atopa entre a Praza das Casitas e a explanada da Compañía.

Para complementar o alumeado de Nadal, tamén funcionan as fontes da cidade todos os días en horario reducido ata as 10 da noite, de xeito particular, as fontes que teñen iluminación, como a da Estación, a das Casitas ou a do Parque da Compañía.

Iluminación de 64 rúas da cidade

Este ano son 64 rúas as iluminadas, engadíndose 4 con respecto a 2021, que son:

  • Rúa Blanco Amor: 2 arcos
  • Praza do Conde: 1 arco
  • Rúa Conde á altura do edificio Espinosa: 1 arco
  • San Lázaro: 3 arcos.

Case todas as rúas incrementarán o número de arcos, pero dun xeito especial, as rúas que máis incrementarán, tanto en número como en proporción, son:

  • Valle Inclán: pasa de 5 a 7 arcos.
  • Corredoira: pasa de 6 a 7 arcos.
  • Malvarón: de 2 a 3 arcos.
  • Estrella: de 1 a 2 arcos.
  • Rosalía de Castro: de 1 a 2.
  • López Suárez: de 1 a 2
  • Travesía Veiguiña: de 2 a 4.
  • Fontecha: de 1 a 2.
  • Tomás Vázquez: de 1 a 2.
  • Benito Vicetto: de 3 a 4.

Finalmente, o resto de rúas con arcos son:

  • Juan Montes: 5 arcos.
  • Reboredo: 4 arcos.
  • Duquesa de Alba: 4 arcos.
  • Carude: 4 arcos.
  • Roberto Baamonde: 15 arcos.
  • Morín: 10 arcos.
  • Hortas: 6 arcos.
  • Cardenal (peonil+zona de tráfico): 10 arcos.
  • Compañía:10 arcos.
  • Calvo Sotelo: 15 arcos.
  • Doutor Casares:14 arcos.
  • Ourense: 8 arcos.
  • San Pedro: 5 arcos.
  • Rúa Coruña: 4 arcos.
  • Avenida de Galicia: 15 arcos.
  • Rúa Chantada: 10 arcos.
  • Celso Emilio Ferreiro: a 6 arcos.
  • Francisco Moure: 6 arcos.
  • Eduardo Pondal: 3 arcos.
  • Valle de Lemos: 2 arcos.
  • Molinos de Antero: 1 arco.
  • Germán Vázquez: 2 arcos.
  • Central: 1arco.
  • Real: 1 arco.
  • Inés de Castro: 4 arcos.
  • Curros Enríquez: 2 arcos.
  • Pontevedra: 2 arcos.
  • Concepción Arenal: 2 arcos.
  • Praza da Estación: 2 arcos.
  • Río Seco: 2 arcos.
  • As Cruces: 3 arcos.
  • Abeledos: 5 arcos.
  • Santa Clara-Ramberde: 6 arcos.
  • Casar: 2 arcos.
  • Ferrol: 1 arco.
  • Santiago: 1 arco.
  • Covas: 3 arcos.
  • Hermida Balado: 3 arcos.
  • Doutor Goyanes: 2 arcos.
  • Doutor Teixeiro: 7 arcos.
  • Comercio: 3 arcos.
  • Paseo de Lugo: 3 arcos.
  • Dalmiro de la Válgoma: 2 arcos.
  • Pinguela: 2 arcos.
  • Sarria: 3 arcos.
  • Lois Pereiro: 2 arcos.
  • Otero Pedrayo: 3 arcos.

 

“O desexo do Concello” concluíu o Alcalde,

é que este amplo dispositivo de Nadal que vimos de acender hoxe, sirva para animar á xente a saír á rúa, a mercar no comercio local, que anime e que alegre a vida dos nosos veciños e veciñas.

También te podría gustar...