Meteogalicia rematará o ano con una rede de 20 cámaras que poderán ser consultadas desde a páxina web

  • Meteogalicia desprega unha nova rede de cámaras que poderán ser consultadas desde a páxina web
  • Actualmente hai en servizo 11 cámaras, ás que se sumarán outras 9 antes de que remate o ano
  • As imaxes tamén estarán dispoñibles na aplicación para teléfonos móbiles de Meteogalicia
  • Hai una cámara en servizo en Carballeda de Valdeorras

 

camaracarballedaA Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Meteogalicia, está a despregar unha rede de cámaras web cuxas imaxes poden ser consultadas desde onte a través da páxina www.meteogalicia.es e da aplicación gratuíta para móbiles.

Actualmente hai en servizo 11 cámaras nos concellos de Cariño, Cedeira, A Coruña (Dique Barrié de la Maza e Punta Langosteira), Camariñas, Lira, Ribeira, Vilanova de Arousa, Cuntis, Cervantes e Carballeda de Valdeorras. A finais de 2016 engadiranse á rede outras 9 cámaras nas localidades de Ribadeo, Burela, Viveiro, Porto do Son, Marín, Bueu, Vigo, Cangas e A Guarda.

A maior parte das cámaras estarán, polo tanto, instaladas na costa galega. Cabe destacar que Meteogalicia contou coa colaboración de Portos de Galicia para a instalación das cámaras costeiras; co Porto da Coruña para as imaxes de Punta Langosteira e do dique Barrié de la Maza; e co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas para as cámaras das Illas Cíes.

Tanto na web como na aplicación poderán consultarse as imaxes obtidas cada cinco minutos. Ademais das imaxes, estará dispoñible unha animación do día en curso e mostrarase información meteorolóxica do lugar (estado do ceo, temperatura e vento).

Deste xeito, préstase un mellor servizos aos usuarios da páxina web e da aplicación de Meteogalicia, que poderán observar directamente o estado do ceo, a dirección do vento ou o estado da mar.

También te podría gustar...