Medio Ambiente inviste 100.000 euros para contribuír no financiamento da mellora da depuradora do Barco de Valdeorras

image_galleryA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas contribúe cunha achega de 100.000 euros á mellora da depuradora do Barco de Valdeorras.

Segundo consta no convenio asinado entre a conselleira Ethel Vázquez e o alcalde do municipio ourensán, Alfredo García, o departamento autonómico colaborará co concello no financiamento desta actuación necesaria para aumentar a capacidade da infraestrutura hidráulica para o tratamento dos caudais e cargas contaminantes que recibe.

As obras de mellora da estación depuradora de augas residuais (EDAR), que está a executar a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, teñen como obxectivo garantir o cumprimento dos parámetros de vertido establecidos na autorización de vertido correspondente e rehabilitar os elementos deficientes, así como solucionar fallos estruturais. A mellora inclúe a ampliación da EDAR e a mellora da instalación co obxectivo de que teña capacidade para o tratamento dos caudais e cargas contaminantes actuais e futuras.

A actuación conta cun orzamento de preto de 1,47 millóns de euros, e para a súa execución conta conta co financiamento do 80% de Fondos FEDER. O 20% restante corre a cargo do concello do Barco de Valdeorras, partida na que colabora a Xunta. A obras comezaron en marzo de 2014.

También te podría gustar...