Manuel Baltar visita á selección australiana feminina de remo, que prepara o Mundial en Laias

1 1 1 1 1 1 1 1 MB e remo 2

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo onte unha reunión cos técnicos e deportistas da selección australiana feminina de remo no Centro de Adestramento de Remo de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño (CERLA), situado na contorna do Balneario de Laias (Cenlle), unhas instalacións nas que a institución provincial acometeu un investimento de 35.000 euros a través do Inorde para a construción dun pantalán que permite a equipos de remo nacionais e internacionais dispoñer dunha infraestrutura axeitada para realizar seus adestramentos.

Na súa visita de hoxe, o presidente do goberno provincial mantivo encontros coas deportistas e técnicos da selección australiana, entre os que se atopan medallistas e campioas do mundo, que están a realizar a súa preparación cara ao Mundial de Remo que se celebrará en Aiguebelette (Francia), entre o 30 de agosto e o 6 de setembro. Precisamente, dadas as excelentes condicións que se atoparon en Laias, os membros do equipo australiano confirmaron hoxe que volverán a estas instalacións o vindeiro ano para preparar a súa participación nos Xogos Olímpicos de Río de 2016.

Manuel Baltar dixo que Ourense dispón «dunha das mellores infraestruturas deportivas de España para a práctica do remo e do piragüismo na contorna do embalse de Castrelo, e proba diso é que, ademais do equipo de Australia xa estiveron facendo aquí a súa preparación as seleccións de Holanda, Bielorrusia e Reino Unido. O presidente da Deputación destacou que esta liña de actuación forma parte do Plan «Ourense, a provincia termal», «que combina saúde, deporte e lecer, e que ten como obxectivo poñer en valor unha das principais singularidades da nosa provincia como é o termalismo».

Na súa visita de hoxe a Laias Manuel Baltar interesouse polo programa de adestramento da selección australiana, integrada por 43 membros entre deportistas, técnicos e persoal sanitario e administrativo.

También te podría gustar...