1A A A MB e Lebrun 1

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, propuxo hoxe en Bruxelas a creación da “Asamblea europea das provincias”, un organismo no que estarían representados os municipios dos estados membros da UE a través dos seus correspondentes gobernos locais intermedios, e que permitiría “dar voz á provincia e aos pequenos e medianos concellos”, afirmou Manuel Baltar na súa comparecencia no “I Cumio europea de gobernos locais intermedios” ao que foi convidado a participar, un encontro organizado polo Comité das Rexións e a rede Partenalia no que o presidente provincial ratificou coa súa sinatura a Carta da Gobernanza Multinivel.

O presidente da Deputación de Ourense trasladoulle esta proposta de creación da Asamblea europea dos gobernos locais intermedios ao presidente do Comité da Rexións, Michel Lebrun, no encontro que ámbolos dous mantiveron e no que falaron das principais necesidades de xestión que teñen os pequenos municipios da Unión Europea. Entre elas, comentaron necesidades como as de mellorar os ámbitos tecnolóxico, de servizos sociais e de infraestruturas, e para elo, concordaron en que a xestión coodinada de servizos –un modelo que xa ben desenvolvendo con éxito a Deputación de Ourense en ámbitos como o do medio ambiente e os servizos sociais- resultará de máxima eficacia “realizando unha ampla estratexia de traballo en rede entre os gobernos intermedios de Europa, tanto para achegar financiamento dos fondos 2020 como para executar proxectos que melloren a calidade de vida dos habitantes e os seus servizos”, afirmou o presidente provincial.

Proxectos innovadores para Europa

Manuel Baltar foi convidado a participar no “I Cumio europeo dos gobernos locais intermedios” que celebra hoxe e mañá en Bruxelas para expoñer o seu modelo de xestión na Deputación de Ourense, un modelo que situou, en menos de tres anos, á institución provincial ourensá na vangarda de moitos indicadores de xestión administrativa, ética e económica e que o presidente Baltar presentou hoxe na sede do Comité das Rexións de Europa diante de responsables institucionais de gobernos intermedios de países como Alemaña, Francia, Bélxica, Reino Unido, Croacia e Moldavia.

Baltar expuxo as liñas de xestión que supuxeron a creación do Plan OURENSE 92, as estratexias levadas a cabo para incrementar a cooperación e servizos cos concellos, os proxectos innovadores desenvolvidos no ámbito da e-administración e da denominada “Provincia Intelixente” e os importantes avances que ten dado a Deputación de Ourense en materia de rexeneración democrática (entre os que figura a aprobación do primeiro Código Ético dunha deputación) e en participación cidadá, liderando importantes indicadores de Transparencia e converténdose nun dos gobernos intermedios “máis transparentes” de España, recoñecido así pola organización non gubernamental Transparencia Internacional.

Asemade, o presidente provincial abordou cos seus homólogos europeos o tema da “Perspectiva provincial sobre a aplicación da Estratexia Europa 2020”, de máxima actualidade nestes momentos, pola importancia que ten a chegada de fondos europeos para Galicia no período 2014-2020. Nesta mesa de debate os líderes dos gobernos locais intermedios propuxeron recomendacións á Unión Europea para axudar aos gobernos locais intermedios a financiar os investimentos necesarios para dous temas de gran relevancia para a provincia de Ourense como son o crecemento e o emprego.

Xunto a Manuel Baltar participaron Jean-Marc Van Espen, da provincia de Namur (Bélxica); Simone Abraham Tisse, do departamento du Val-de-Marne (Francia); Friedel Heuwinkel, de Kreis Lippe (Alemaña), e Philip Atkins, de Staffordshire County (Reino Unido), nun acto no que ademais se asinou a Carta de Gobernanza Multinivel coa presenza do presidente do Comité das Rexións, Michel Lebrun. Asemade, representantes de Croacia, Italia, España e Moldavia analizaron -en liña concordante coa proposta de Manuel Baltar- a importancia das asociacións de gobernos locais intermedios na Unión Europea. A primeira xornada rematou coa intervención de Luc Van Der Brande, impulsor e relator do “Libro branco sobre a Gobernanza Multinivel”, que analizou.