Manuel Baltar presidiu a primeira reunión do novo goberno provincial

1Fachada DeputacinO presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu onte a primeira reunión do goberno provincial do cuadrienio político 2015-2019, unha xuntanza na que o presidente deu conta dos nomeamentos e designacións de funcións dos deputados, analizáronse as liñas estratéxicas do Plan 15-19 e abordáronse temas organizativos como a periodicidade das xuntas de goberno, que terán lugar todos os venres e de cuxos acordos dará conta a deputada Montserrat Lama.

Manuel Baltar informou aos 14 deputados e deputadas dos nomeamentos das vicepresidencias e das delegacións de área e analizou con todos eles o Plan 15-19 “que interiorizamos como propio, pois foi co que me presentei ás eleccións locais e que agora é xa un plan de goberno que está a disposición dos cidadáns para que coñezan o mes e ano de cada unha das 77 medidas previstas no plan”.

O presidente provincial dixo que este grupo de goberno “afronta nos vindeiros catro anos o reto de mellorar social, económica e culturalmente a provincia de Ourense, e para elo queremos seguir sendo un goberno provincial de vangarda”, afirmando que se levará a cabo unha revisión da relación de postos de traballo “para gañar en eficiencia e eficacia”, para o cal, avanzou que se nomeará a un director ou directora xeral de Persoal que levará a responsabilidade de realizar esa revisión da RPT. Tamén dixo Manuel Baltar que se incrementará o número de áreas da estrutura orgánica da Deputación implementando un área de Transparencia e Goberno Aberto “que como é unha liña estratéxica deste goberno provincial tamén merece, como un aspecto transversal de goberno, ter esa área diferenciada”.

GOBERNO PROVINCIAL 2015-2019 DA DEPUTACIÓN DE OURENSE

-Presidente: José Manuel Baltar Blanco

-Vicepresidente 1º,  Facenda e presidente do Inorde: Rosendo Fernández  Fernández.

-Vicepresidente 2º e Administración Provincial: Jorge Pumar Tesouro

-Deputado de Cultura: Manuel Doval Soto

-Deputada de Infraestruturas. Mª Consuelo Vispo Seara

-Deputado de Medio Rural: José Antonio Feijóo Alonso

-Deputado de Emigración: Antonio Montero Fernández

-Deputado de Cooperación e de Seguimento do Plan15-19: Pablo Pérez Pérez

-Deputado de Emprego e Industria: Plácido Álvarez Dobaño

-Deputado de Enerxía e Medio Ambiente: Miguel A. Cid Álvarez

-Deputada de Transparencia e Goberno Aberto: Montserrat Lama Nóvoa

-Deputado de Deporte e Mocidade: Juan Anta Rodríguez

-Deputada de Igualdade e Ciclo de Vida: Teresa Cerdeira Valiñas

-Deputada de Termalismo e Turismo: Ana Villarino Pardo

 

Xunta de Goberno:

 

-José Manuel Baltar Blanco

-Rosendo Fernández Fernández

-Jorge Pumar Tesouro

-Pablo Pérez Pérez

-Montserrat Lama Nóvoa (voceira)

-Plácido Álvarez Dobaño

-Ana Villarino Pardo

-Manuel Doval Soto

-Juan Anta Rodríguez

También te podría gustar...