Jose Manuel BaltarO presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistirá á saída da proba deportiva “Desafío 42”, que terá lugar na Praza Maior de Ribadavia mañá ás 10-.00h.. Esta carreira de running extremo, patrocinada pola Deputación de Ourense, consiste en tres probas que os atletas disputarán nas localidades de Ribadavia, Nogueira de Ramuín e Ourense cidade. Na comarca do Ribeiro percorrerán un circuíto de asfalto-terra por Ribadavia, Beade e Leiro.