Manuel Baltar recibe aos ximnastas ourensáns Daniel Pérez e Alejandro Cid, campións de España

Recepcion.campións.España.minitramp.burgas.ourense.01  

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos ximnastas ourensáns Daniel Pérez Morales e Alejandro Cid Masid, do Club As Burgas, que veñen de proclamarse campións de España na modalidade de doble minitramp, competición que tivo lugar a pasada fin de semana en Valladolid. Os deportistas estiveron acompañados na recepción pola súa adestradora, Isaura Hermida, e polo asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González. O presidente do goberno provincial felicitou a Daniel Pérez (campión de España absoluto) e Alejandro Cid (campión de España junior e campión por equipos) “polo excelente nivel exhibido na competición” e agradeceulles seu esforzo e sacrificio, “un orgullo para Ourense por acadar este éxito tanto a nivel individual como por equipos, parabéns que Manuel Baltar fixo tamén extensivo ao Club As Burgas pola motivación e profesionalidade coas que desenvolve a súa labor deportiva.

También te podría gustar...