manifestacion

 

Trinta emigrantes retornados da Plataforma de Valdeorras saían ás nove desta mañá cara a Ourense á manifestación convocada pola Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados. Partirán ás once do Pavillón dos Remedios e acabarán na Praza Maior coa lectura dun manifesto.

Con esta manifestación os emigrantes retornados queren solicitar que no paquete de modificacións legais se inclúan as modificacións na Lei 35/2006, necesaria para garantir un trato igualitario.