• O CONCELLO DE A VEIGA, CO APOIO DA C. CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, PROMOVE A RENOVACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO C.E.I.P. EDUARDO ÁVILA BUSTILLO, CUNHA INVERSIÓN DE MÁIS DE 30.000,00€

 

ceip

Colexio de Educación e Primaria Eduardo Ávila Bustillo de A Veiga.

 
Dende o Concello da Veiga, trabállase co obxectivo principal de asentar ou atraer poboación nova para evitar o despoboamento que sufre nos últimos anos e asemade, mellorar os servizos prestados aos veigueses.

Neste senso o Concello promoveu, a través, e co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a renovación do edificio do ximnasio ubicado no Colexio de Educación e Primaria Eduardo Ávila Bustillo de A Veiga.

A inversión alcanza os 33.458,82€, destinada íntegramente á “Renovación dos Baños e Vestiarios”do edificio onde se ubicao ximnasio e a renovación das persianas instaladas no Centro Educativo.
A obra, xa comezada, está previsto que remate a finais do mes de setembro, segundo a información facilitada dende a Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento da consellería.

Na mesma actuación, a maiores acondicionarase unha zona na parte traseira do edificio cunha soleira, para a próxima construcción dun parque infantil.

As actividades deportivas están presentes dun xeito permanente, na programación anual das actividades do concello, sempre destinadas á poboación en xeral.

Para isto, é preciso contar cunhas instalacións óptimas e equipadas.