Máis de 1.600 alumnos en Valdeorras, preto de 18.900 en Ourense, inician o curso con normalidade
- Preto de 18.900 alumnos e alumnas de infantil e primaria e educación especial inician o curso con normalidade nos 97 centros escolares da provincia de Ourense
- Nos centros ourensáns de educación infantil están matriculados 5.790 alumnos e alumnas, 473 en Valdeorras
- En primaria 12.942, 1.149 en Valdeorras
- Valdeorras é, tras a comarca de Ourense, a que máis alumnado ten
- O xoves, día 15, comezará o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato

Na xornada de hoxe comezou o curso nos ciclos de educación infantil, primaria e especial para 18.863 alumnos e alumnas da provincia de Ourense. A matriculación en infantil cífrase en 5.790 escolares, mentres que en educación primaria son 12.942 No que atinxe a educación especial a provincia ourensá conta con 131 matriculados. Cómpre destacar que ditos datos, recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación, son provisionais e poden varíar ao longo do curso escolar.

Educación Infantil
Segundo os datos provisionais da Xunta de Galicia, 5.790 alumnos e alumnas de Educación Infantil comezaron hoxe o curso, fronte aos 7.970 matriculados o curso pasado, o que supón un descenso na matrícula do 2,4%, derivado da progresiva caída na natalidade.
A cidade das Burgas é onde se concentra un maior número de escolares cunha matrícula que ascende a 2.802 rapaces. Por tipo de centros, indicar que 3.808 alumnos están matriculados en centros públicos mentres que o resto, 1.982, cursarán en centros privados e concertados.
Comarcas
|
Total Educación Infantil
|
|
A Limia
|
324
|
|
A Limia Baixa
|
41
|
|
Allariz – Maceda
|
201
|
|
O Carballiño
|
425
|
|
O Ribeiro
|
187
|
|
Ourense
|
3.399
|
|
Terra de Caldelas
|
19
|
|
Terra de Celanova
|
170
|
|
Terra de Trives
|
50
|
|
Valdeorras
|
473
|
|
Verín
|
428
|
|
Viana
|
73
|
|
Totais Ourense |
5.790
|

Educación Primaria
Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 12.942 alumnos e alumnas tamén comezaron as clases de educación primaria en Ourense. Desta cifra, 8.597 alumnos están matriculados en centros públicos, 4.231 en centros privados concertados e 114 en centros privados non concertados. A cidade das Burgas volve concentrar o maior número de escolares cunha matrícula que ascende a 4.659 rapaces.
Comarcas
|
Total Educación Primaria
|
|
A Limia
|
697
|
|
A Limia Baixa
|
115
|
|
Allariz – Maceda
|
500
|
|
O Carballiño
|
954
|
|
O Ribeiro
|
429
|
|
Ourense
|
7.447
|
|
Terra de Caldelas
|
40
|
|
Terra de Celanova
|
416
|
|
Terra de Trives
|
99
|
|
Valdeorras
|
1.149
|
|
Verín
|
961
|
|
Viana
|
165
|
|
Totais Ourense |
12.942
|
No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano pasado é do 14,3%, cifrándose en 354 escolares,75 menos ca o o curso 2015/2016.
Hoxe tamén comezaron as clases os 131 alumnos matriculados en educación especial, dos que 88 optaron por centros públicos e os 43 restantes por centros privados con concerto.
O primeiro día de curso coincide comezo do funcionamento dos servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería, tras as modificacións oportunas que se realizan anualmente para o seu axuste ás necesidades actuais.