‘Lobos sucios’ en primicia na Master Class Augal

  • O director Simón Casal presenta nestes momentos en primicia o seu filme ‘Lobos sucios’ na Master Class Augal
  • A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus A Xunqueira de Pontevedra acolle a última sesión lectiva desta iniciativa formativa, organizada por quinto curso consecutivo pola Consellería de Cultura e Educación e a Universidade de Vigo
  • É primeira proxección da película como candidata a 14 premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego

5542137wO director galego Simón Casal presenta (16:00 h) en primicia en Pontevedra ao alumnado de Augal, a Master Class do Audiovisual Galego, a súa opera prima ‘Lobos sucios’, filme que centrará a última sesión lectiva da edición de 2015-2016 desta iniciativa formativa.

Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego 2016

Opta en 14 categorías: mellor longametraxe, dirección, guión, interpretacións feminina protagonista e de reparto, masculina de reparto, fotografía, dirección de arte, dirección de produción, montaxe, música orixinal, son, vestiario e maquillaxe e perruquería.

Coloquio co público
De feito, será o propio Simón Casal de Miguel quen conducirá o coloquio posterior á proxección da longametraxe para explicarlles aos inscritos en Augal e ao resto do público presente todo o proceso de construción da película: desde a preprodución ata a súa estrea en cines comerciais de toda España, que será o próximo 1 de abril.

‘Lobos sucios’, da compañía galega Agallas Films en coprodución coa belga Dream Team Concept Ventures, foi preestreada na última edición, en novembro pasado, do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Conta con guión de Paula Cons, Noelia del Río e Felipe Rodríguez Lameiro e está protagonizada por Manuela Vellés, Marian Álvarez, Sam Louwyck, Pierre Kiwitt, Thomas Coumans e Isak Férriz.

Baseada en feitos reais, a película sitúase nos anos 40 nas minas ourensás de volframio explotadas polos nazis (Casaio, Carballeda de Valdeorras). Alí traballan dúas irmáns, pero todo se complica cando a un espía belga encárganlle a sabotaxe do cargamento que van enviar os nazis ás fábricas de armamento en Alemaña.

Trala proxección de ‘Lobos sucios’, Augal 2015-2016 pecharase o vindeiro 5 de abril coa segunda edición do seu foro profesional, que estará dedicado ao subsector da animación. Será o produtor, director e guionista Ángel de la Cruz o encargado de conducir esta última cita, previa á entrega de diplomas, coa conferencia titulada ‘Como facer unha película de animación? Pasado, presente e futuro da animación en Galicia’.

También te podría gustar...