Lete Lasa recibe os 24 deportistas ourensáns campións de España en 2013 e 2014 nas categorías absoluta ou previa á absoluta

image_gallery (1)

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu esta mañá aos deportistas ourensáns proclamados campións de España en 2013 e 2014 na categoría absoluta ou previa á absoluta.

No transcurso do acto, o titular de Deportes da Xunta celebrou os bos resultados da provincia na competición nacional, na que vinte e catro ourensáns subiron ao máis alto do podio nas súas respectivas modalidades deportivas.

Así foi no caso do ciclismo (BTT), con Pablo Rodríguez Guede, da hípica, con Juan Francisco Fernández Muñoz e Alberto Ferrol Martínez, do judo (wu-shu), con Arcadio Álvarez Zurbano, José Manuel Ferreira Colmenero e Ezequiel Gago Troitiño, do piragüismo, con Sergio Ruiz Paz, do remo, con Anna Yuchenko Kirichenko, do tiro con arco, con José Manuel Fernández Rodríguez, e da ximnasia, con Carlos Trigo Seguín e Daniel Pérez Morales. Ademais, na modalidade de kung fu os campións foron Sergio dos Santos Fernández, Antonio Barrora Baez, Guillermo Carro Delgado, Ngagne Faye, Enso Garrido Bouso, Sergio Parga Nores, Andrés Piñeiro Fernández, Adriana Rial Justo, Saul Rodríguez Prieto, Jonathan do Nascimento Penin, Brais Castro Rodríguez, Oscar García Armesto e Iago da Costa Fernández.

Ante a presenza de membros das oito federacións das respectivas modalidades deportivas, Lete Lasa agradeceu en nome de toda Galicia a contribución destes deportistas ao desenvolvemento do país, posto que eles son os auténticos protagonistas do deporte, unha actividade que favorece moi directamente a educación, a saúde, a cohesión social, a cultura e a economía. Agradeceulles especialmente que actúen como espello para as xeracións máis novas, promovendo os hábitos de vida saudables e favorecendo que a alta competición en Galicia manteña no futuro a súa actual puxanza.

Neste sentido, lembrou o apoio da Xunta aos deportistas, con 337 recoñecidos no alto nivel (DGAN), máis de 100 equipos de alta competición patrocinados directamente, e máis de 1.000 equipos de base apoiados, ao que cómpre engadir as instalacións de referencia no eido da tecnificación e o alto nivel que o Goberno galego pon a disposición dos deportistas.

También te podría gustar...