Jove e outros investidores venden o centro comercial Marineda City a Merlin Properties por 260 millóns de euros

Marineda CityA compañía inmobiliaria Merlin Properties formalizou a adquisición do centro comercial Marineda City a Invest Cos, entidade propietaria do complexo e participada polos empresarios Manuel Jove, Modesto Rodríguez, José Collazo e José Souto, segundo informou a sociedade, que o pasado 30 de marzo protagonizou unha das maiores saídas a Bolsa dos últimos anos.

Trátase, segundo a empresa, da maior operación de investimento no sector de centros comerciais que se pecha no mercado inmobiliario español dende 2008.

A transacción, realizada integramente con fondos propios da compañía, segundo precisa, é tamén a primeira inversión que realiza a compañía tras a que tiña xa pactada antes de saltar a cotizar. Mediante esta operación, fíxose con 800 sucursais bancarias e varios edificios, todos eles arrendados ao BBVA.

A operación inclúe tamén o hotel Carrís Marineda, de catro estrelas, e situado dentro do complexo, que constitúe o segundo máis grande España, segundo destaca Merlín.

También te podría gustar...