Interrupcións no subministro de electricidade para os días 5 e 6 de agosto en Bóveda

  • O corte débese a traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica por parte do Grupo Naturgy

 

Logo de recibir unha comunicación oficial do Grupo Naturgy, o Concello de Bóveda informa sobre dúas interrupcións no subministro de electricidade para os días 5 e 6 de agosto.

Así, tal e como explica a empresa, coa fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona, os días 5 e 6 de agosto (día 5 de 08:00 a 08:30 e día 6 de 19:00 a 19:30 horas) deixarán fóra de servizo unha serie de instalacións, o que pode provocar interrupcións no subministro durante ese intervalo.

Lugares afectados

En concreto esta actuación afectará á Fontaíña, Remesar e Vilarbuxán.

Esta información tamén lles está ser comunicada por carta aos veciños e veciñas que poden verse afectados.

A compañía facilita un número de teléfono para dúbidas e consultas: 900 333 999.

Rogan ademais desculpas polas molestias que estes traballos poidan ocasionar.