Depu_150_100

No complexo turístico-deportivo O Corgo, en Mugueimes (Muíños), terá lugar mañá martes, 13 de xaneiro, ás 11:00h, a inauguración do Centro BTT (bicicletas todo terreo) da Serra do Xurés. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez; do alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro