Inauguración da exposición ‘180 anos de historia provincial’ en Verín

Deputación Ourense

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, inaugurará mañá venres, 3 de outubro, na Sala de Exposicións de Verín, a mostra “180 anos de historia provincial”, unha exposición que está a percorrer as comarcas ourensás e que ten como obxectivo poñer en valor o que une aos ourensáns desde o punto de vista da xeografía, da historia, das organizacións políticas de cada tempo, da cultura, da lingua, da industria, do comercio e dos proxectos.

También te podría gustar...