10959351_960083554024083_3944217837626601962_n

Este vindeiro sábado día 7 de marzo, vaise celebrar la II Cea de confraternidade entre mulleres en homenaxe ás mulleres da comarca de Quiroga, dado que o domingo día 8 é o Día Internacional da Muller 2015.

Iniciativa proposta polo Concello de Quiroga e na que colabora a Asociación de Mulleres San Martiño. A cita será ás 21:00h no restaurante Aroza cun precio de 18 euros por asistente. Quen quera asistir lembre que deberá de retirar o seu ticket ata ó vindeiro día 5 deste mes de marzo no CIM de Quiroga.