ICC Kids novidade da ICCWeek levará a O Barco a Pintura Conductiva

  • Infancia e mocidade «tecnolóxica e creativa», protagonistas da «ICCKids 2016»
  • Este ano a «ICCWeek» que organiza a Deputación de Ourense, amplía a súa oferta cultural ao público infantil e xuvenil da provincia de Ourense a través desta celebración
  • Entre as propostas figuran programación informática, fotografía, pintura e plastilina condutivas, stopmotion e vídeo-mapping
Presentacin ICCKids 2016
Presentacin ICCKids 2016

 

A infancia e a mocidade da provincia de Ourense (nenos e xóvenes con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos) son os protagonistas da «ICCKids 2016», unha iniciativa que se desenvolverá por primeira vez dentro da programación da «ICCWeek 2016» que organiza a Deputación de Ourense, con obradoiros onde a creatividade e a tecnoloxía dirixidos aos máis novos, que serán os principais protagonistas. A presentación tivo lugar onte no Centro Cultural «Marcos Valcárcel» coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o coordinador da ICCWeek, Juan Rivas; e a coordinadora da ICCKids, Cristina Blanco.

A «ICCWeek 2016» amplía a súa oferta cultural ao público infantil e xuvenil da provincia de Ourense, a través da «ICCKids». O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, destacou na presentación que resulta «unha ledicia ver como este marco das industrias culturais e creativas medra, que se fai máis grande e que incorpora novidades, que teñen que ver cos ourensáns máis novos; estamos a falar da infancia, dos ourensáns do futuro».

Esta iniciativa de vangarda irá dirixida a nenos e nenas da provincia de Ourense «para os que a Deputación de Ourense tamén traballa e ten actividades dirixidas directamente a ese público» -afirmou o presidente da Deputación de Ourense- con iniciativas como as Escolas Deportivas, Pazolandia, Smiley Water, o Premio Pura e Dora Vázquez, entre outras.

Os obradoiros que se celebrarán no marco da «ICCKids» desenvolveranse ao longo de todo o ano 2016 en diferentes poboacións do territorio provincial: Bande, Celanova, O Barco, Xinzo de Limia, Ourense, O Carballiño, Verín e Beade. As actividades abranguerán temas como programación informática, fotografía, pintura e plastilina condutivas, stopmotion e video mapping, «estamos a falar da xeración mellor preparada que vai en sintonía coa innovación tecnolóxica e a ICCWeek non ía descoidar esa parte tan importante do futuro de Ourense que son os máis novos», asegurou Manuel Baltar.

Pola súa banda, Juan Rivas agradeceu a sensibilidade da Deputación de Ourense «á hora de aceptar propostas que tocan as industrias culturais e creativas no momento no que acabou a ICCWeek do 2015, e na procura de seguir mellorando puxemos o foco nos máis pequenos».

Cristina Blanco explicou que con este proxecto preténdese que os nenos da provincia de Ourense «teñan a oportunidade de coñecer outras propostas que non sexan as habituais senón outras enfocadas a desenvolver a súa creatividade», e engadiu «queremos que non só sexan nenos que consuman Internet senón que produzan seus propios contidos para a Rede». «Todos os talleres terán a súa exposición na semana cultural da ICCKids, onde os pais poderán ver os traballos realizados por nenos e xóvenes, e tamén haberá micro-talleres neste espazo e pezas interactivas onde as familias poderán xogar», destacou Cristina Blanco.

Os interesados en participar poderán inscribirsena páxina web www.ourenseiccweek.com. Todos os obradoiros son de balde, pero con previa inscrición.

O Barco de Valdeorras terá Pintura Conductiva «Unha mistura entre a arte analóxica e dixital» as mañás entre o 21 e o 29 de marzo.

Mapa Talleres
Mapa Talleres