«I Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos»

  • A Tenente de Alcalde da a coñecer o “I Encontro de Palilleiras” que terá lugar en Monforte de Lemos o 3 de setembro
  • Gloria Prada, acompañada pola presidenta da Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, Sesé Vila, deu a coñecer este evento que leva por título “I Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra”
  • Para esta gran mostra de palilleiras ubicaranse diversas carpas na Explanada da Compañía, e tamén se contará cunha zona específica destinada á venta exclusiva de produtos que se poidan utilizar na arte de palillar
  • Dende o Concello e da Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra estímase que no encontro de Monforte poidan participar arredor de 450 palilleiras de asociacións provintes de toda Galicia, León e Asturias
  • A Tenente de Alcalde subliñou que “o Alcalde de Monforte de Lemos decidiu organizar este I Encontro de Palilleiras, que cremos que vai ser un éxito de participación y de público, e que ademais vai xerar un importante impacto económico na cidade, xa que moitas das palilleiras participantes virán días antes á nosa cidade, ou se quedarán días despois para coñecer a nosa zona”

 

A primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, a presidenta da Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, Sesé Vila, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer o que será a pirmeira gran xuntanza de palilleiras do sur da provincia de Lugo.

Baixo o nome de “I Encontro de Palilleiras de Monforte de Lemos, Capital da Ribeira Sacra”, este celebrarase na cidade do Cabe o sábado 3 de setembro na Explanada da Compañía.

A Tenente de Alcalde explicou que “esta foi unha idea que xurdiu no ano 2020, e estaba practicamente todo ultimado para que se levara a cabo, pero a incidencia da pandemia impediuno, e obrigou a postpoñelo ata esta ano 2022. Este I Encontro de Palilleiras en Monforte é posible gracias ó traballo conxunto desenvolto polo Concello e a Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra, e o obxectivo é amosar e por en valor a arte de palillar”.

A escolla de Monforte para ser a sede deste encontro veu motivada, tal e como explicou Sesé Vila, “porque en moitos dos encontros ós que acudíamos, moitas palilleiras non dicían que tiñan moitas ganas dunha xuntanza en Monforte e na Ribeira Sacra”. Neste senso, tamén se tivo en conta a repercusión mediática que ten Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, e a propia Ribeira Sacra, dentro e fora de Galicia.

“Por este motivo” subliñou Gloria Prada, “o Alcalde de Monforte de Lemos decidiu organizar este I Encontro de Palilleiras, que cremos que vai ser un éxito de participación y de público, e que ademais vai xerar un importante impacto económico na cidade, xa que moitas das palilleiras participantes virán días antes á nosa cidade, ou se quedarán días despois para coñecer a nosa zona”.

Dende o Concello e da Asociación estímase que no encontro de Monforte poidan participar arredor de 450 palilleiras de asociacións provintes de toda Galicia, León e Asturias.

Gloria Prada sinalou que “creemos, pola información que manexamos, que este vai ser o primeiro gran encontro de palilleiras da Ribeira Sacra, e non dubidamos de que será un éxito. Por iso animamos a todos os monfortinos e monfortinas a que visiten a mostra, así como a aquelas persoas dos concellos limítrofes, e visitantes que se atopen o 3 de setembro na cidade”.

A Tenente de Alcalde tamén anunciou que o Alcalde procederá a convidar personalmente por carta a todas as asociacións de palilleiras, para o cal se lles remitirá a correspondente invitación, a fin de que acudan e poder organizar con antelación suficiente este importante encontro. E concluíu sinalando que “dende o Concello esperamos que este sexa un exitoso encontro, e o primeiro de moitos”.

Pola súa banda, Sesé Vila agradeceu a indispensable colaboración e apoio do Concello de Monforte, “sen o cal non houbera sido posible organizar este gran encontro”, e describiu o programa de actividades que se desenvolverán o día 3 de setembro.

 

Ubicación e programa de actividades

Para este Encontro, o Concello instalará diversas carpas na Explanada da Compañía, para que as participantes e as asociacións de palilleiras desenvolvan comodamente a súa arte de palillar e poidan amosar os seus traballos ó público asistente.

Tamén se ubicará outra zona de carpas destinada a comerciantes provintes de toda Galicia que venderán exclusivamente produtos para palillar, e que soen estar presentes en todo este tipo de encontros.

Dende o Concello e a Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra deseñouse un cartel publicitario no que o Conxunto de San Vicente é protagonista, por ser un dos elementos máis representativos da cidade, e tamén foi incluído o logo oficial do Encontro, que simboliza os instrumentos do palillado.

O cartel será distribuído en locais comerciais da cidade e en edificios municipais, e tamén elaboráronse folletos informativos co programa do Encontro.

O Concello fará entrega dun agasallo ás mestras palilleiras que participarán no encontro, e dende a Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra tamén se levou a cabo a elaboración dun detalle conmemorativo do encontro, que inclúe un encaixe de cores, que será entregado a cada participante.

 

O programa do día 3 de setembro será o seguinte:

10:30 h.- Recepción das palilleiras

12:00 h.- Inauguración da xuntanza de palilleiras

12:00 a 14:00 h.- Palillada

14:00 h.- Xantar

16:30 h.- Palillada e sorteo de agasallos

19:00 h.- Despedida

También te podría gustar...