Gargallada estrea este venres «Lurpias» un cabaré de mulleres bravas

Nueva imagen de mapa de bits

Gargallada Teatro estrea este venres, 27 de marzo, ás 21h o cabaré «Lurpias» con seis actrices sobre o escenario que, a través dos números dunha compañía de revista vida a menos, reivindican o dereito das mulleres a facer da súa capa un saio. As entradas (3 euros) estarán dispoñibles na billeteira do Teatro desde una hora antes.

Lurpias é unha desas palabras postas en boca de muller para referirse a outras mulleres que quedan fóra da moral establecida. «Lurpias» é un espectáculo no máis amplo sentido. Fala de mulleres con forza e rabudas, que pretenden facer a súa vida sen ter que lle dar conta a ninguén. Tamén fala da vida nómade dunha compañía que tivo tempos mellores, os seus números quizais estean un pouco pasados de moda, sen embargo elas seguen no seu mundo que é o cabaré, fóra de aquí non son nada, nin sequera existen.

Dirixidas por Fran Fernández, estarán sobre a tarima do TLO Aurora Fernández, Sandra Méndez, Noemi Pinto, Amparo Rodríguez, Rosa Cortiñas e Fran Fernández. Contaron coa dirección artística de Nelson Quinteiro. Da iluminación e o son ocúpase Pablo Prada, da maquillaxe Nuria Menéndez e do vestiario Sol Rodríguez e Nuria Menéndez.

También te podría gustar...