xunta de galiciaGalicia reduciu á súa débeda en 200 millóns no segundo trimestre do ano o que supón que a ratio de débeda xa é 4,4 puntos menor á media nacional. Desta forma a comunidade galega sitúase entre as autonomías con menor ratio de débeda, un 17,9% fronte ao 22,3% de media

Tendo en conta a ratio global de débeda que inclúe empresas públicas, Galicia ten un endebedamento case 5 puntos menor ao conxunto de autonomías, ademáis de que o diferencial positivo de Galicia co resto de comunidades duplicouse no último ano.

Con respecto ao ano pasado, o endebedamento das empresas públicas en Galicia reduciuse á terceira parte respecto ao mesmo trimestre de 2013.

O Goberno galego mantén unha política de control do déficit público e foi unha das comunidades que menos incrementou a súa débeda entre 2009 e 2013.