Galicia recibiu no 2014 máis dun millón de turistas estranxeiros, acadando un máximo histórico para a nosa Comunidade

La Xunta promueve el turismo de naturaleza gallego en la feria INTUR de ValladolidSegundo os últimos datos da Enquisa de Movementos Turísticos en Fronteiras (FRONTUR), publicados hoxe, contabilizáronse no ano 2014 máis dun millón de turistas estranxeiros con destino principal Galicia -1.050.416-, o que supón un incremento do 20,6% en relación ao ano 2013. Por vez primeira nos últimos anos superouse a cifra do millón de turistas, supoñendo un máximo histórico na nosa comunidade.

Galicia superou deste xeito o crecemento rexistrado a nivel estatal que foi neste caso dun 7,1%, acadando case os 65 millóns de turistas estranxeiros no 2014.

Segundo os datos publicados por FRONTUR, Portugal, co 48% dos turistas estranxeiros, e Francia co 15%, foron os dous principais mercados internacionais en Galicia durante o 2014. Reino Unido sitúase en terceiro lugar supoñendo o 8% do total.

En termos dinámicos rexistrouse un crecemento xeneralizado do volume de turistas procedentes dos principais mercados. No caso de Portugal o incremento foi dun 24% e de Francia do 35%.

En canto ao excursionismo internacional, a nosa comunidade recibiu 4.156.643 excursionistas estranxeiros ao longo do pasado ano. Portugal foi o principal mercado de Galicia, supoñendo no 2014 o 86% das entradas dun só día na nosa comunidade.

Preto de 80 mil turistas estranxeiros no mes de decembro

No pasado mes de decembro rexistráronse preto de 80.000 turistas estranxeiros con destino principal Galicia, cifra que supón un incremento do 38% en relación ao ano 2013. Por vez primeira nos últimos anos superouse a cifra dos 70 mil turistas neste duodécimo mes do ano, marcando polo tanto en 2014 un máximo histórico en decembro.

Tamén no mes de decembro Galicia superou o crecemento rexistrado a nivel estatal que foi neste caso dun 5,6%, acadando algo máis de 3,2 millóns de turistas estranxeiros.

Portugal, co 65% dos turistas estranxeiros foi o principal mercado internacional en Galicia neste mes de decembro seguíndolle en orde de importancia Reino Unido e Francia –ambos representaron máis do 7% do total-.

También te podría gustar...