Gala de Maxia en Monforte

  • O Edificio Multiusos de Monforte acolle un Festival de Maxia para todos os públicos

O Concello de Monforte de Lemos, xunto co AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e dentro da programación de Cultura no Camiño -2021 /Xacobeo 21-22, celebra un Festival de Maxia para todos os públicos.

O festival celebrarase a partir das 20:15 horas no Edificio Multiusos de Monforte, e cun aforo reducido debido ó estado actual de pandemia no que nos atopamos.

A Gala de Maxia está encabezada polo Mago Rafa, e xunto a el actuarán diferentes magos que sorprenderán ó público coa súa arte. En concreto os magos que actuarán serán, ademais do Mago Rafa, Dani Polo, Mago Iago e Roberto Lolo.

A entrada é gratuíta para todos os públicos, ata completar a capacidade do edificio seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación, e poderán ser retiradas no Multiusos dende as 19:00 horas. A entrada ó salón de actos realizarase ás 19:50 horas.