Festas do Cristo e da Nosa Señora dos Dolores en A Pobra de Trives

1900047_1547910372097391_247436159674143580_n

Xa temos os programas das Festas do Cristo e as Festas da Nosa Señora dos Dolores na Pobra de Trives, que van ser os 13 e 14 deste mes de setembro as primeiras e os días 20 e 21 as segundas.

Nas Festas do Cristo, nos atopamos o día 13 co anuncio das festas e a tirada de bombas apartires das 10:30h. Seguidamente temos un pasarrúas coa charanga Nova Terra de Trives ás 11:00h.

Xa pola tarde-noite festa e verbena coa Orquesta Royal ás 21:00h e pechará a xornada a tirada de Fogos de Artificio no Agro ás 0:30h.

Para o día 14, o pasarrúas será a cargo da Banda de Música de Ramirás ás 10:30h. Logo virá a procesión e a Santa Misa do Cristo da Misericordia ás 12:00h.

Polo serán, na Praza do Pilón ás 19:00h haberá un concerto da banda de Ramirás, pechándose as festas coa Verbena da Orquesta Ledicia ás 21:00h.

Por outro lado, nas Festas da Nosa Señora dos Dolores, teremos o día 20 o pasarrúas coa Charanga Terras do Bibei ás 11:00h e pola noite festa e verbena dunha Gran Orquesta ás 21:00h.

Para o día 21, termos o pasarrúas cos Banda de Música de Xinzo de Límia ás 11:00h. Logo virá a Misa e a procesión na honra da Nosa Señora dos Dolores ás 12:00h. Pola tarde temos o concerto da Banda de Música de Xino de Límia ás 19:00h e rematarán estas festas coa verbena a cargo do Grupo Assia ás 21:00h.

También te podría gustar...